A memoria das avoas: creadoras e transmisoras da nosa cultura popular

domingo, 4 de maio ás 12:00
Museo do Pobo Galego
Imaxe principal para A memoria das avoas: creadoras e transmisoras da nosa cultura popular

12:00 Comezo.

Tributo a Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica), homenaxeadas nas Letras Galegas.

Organizado por Asociación do baile e a música de tradición galega.

Compartir:

Asociacións e artistas participantes

Adolfina e Rosa Casás

Vila da Igrexa, Cerceda, A Coruña

Adolfina Casás Rama e mais a súa sobriña Rosa foron dúas labregas da Vila da Igrexa (Cerceda), cantareiras na súa comarca, xunto a outras veciñas, a mediados do século XX. Ambas foron entrevistadas por Dorothé Schubarth para o Cancioneiro Popular Galego. Non actuaron para o público xeral, máis alá dos seus veciños e familia.
Próximas datas

Asociación do baile e a música de tradición galega

Pontevedra

Asociación de gaiteiros/as galegos/as.
Próximas datas

Eva Castiñeira

Agranzón, Muxía, A Coruña

Josefa Eva Castiñeira Santos, máis coñecida como Eva Castiñeira, naceu en Agranzón (San Martiño de Ozón, Muxía) en 1925. De ben nova, con só oito anos, xa cantaba nos bailes e romarías con outras dúas pandeireteiras veciñas da bisbarra e mais coa súa irmá Engracia. En 1981 participou como convidada nun concerto de Milladoiro, de modo que foi a primeira pandeireteira en acompañar un grupo folk.
Próximas datas

Pandeireteiras de Mens

Mens, Malpica de Bergantiños, A Coruña

Prudencia, Asunción, Manuela, Adela e Teresa. Déronse a coñecer no ano 1973 coa súa integración na agrupación Aturuxo. Actuaron en toda Galicia, boa parte de España, Francia, Portugal e a Arxentina. Varios dos bailes do seu repertorio, como a Muiñeira de Lañas, o Fandango Muradán ou o Maneo de Mens, forman parte hoxe en día do acervo folclórico galego.
Próximas datas

Outras foliadas