Encontro cultural de artesanía, música e gastronomía, organizado polo Concello de Muras e a Asociación Obradoiros Artesáns da Terra Chá.
A primeira romaxe foi en maio de 2016. É un escaparate aberto para aprender a valorar a beleza dos oficios, con demostracións en vivo dos artesáns chairegos de cómo se traballan tecidos e granito, madeiras, metais, barro e vimbios.
Máis información na web do concello.