Buscar

Romaxe artesá da Chaira

Data sábado, 25 de maio, a esta xa non chegamos!
Imaxe principal para Romaxe artesá da Chaira

Horario completo na imaxe de máis abaixo.

11:00 Apertura zona feira.

19.00 Exhibición de Regueifa a cargo de Regueifeiras Chairegas do IES Santiago Basanta Silva.

19.30 Foliada con Pan.Sen.Fron.

21.15 Concerto de Fillas de Cassandra.

Encontro cultural de artesanía, música e gastronomía, organizado polo Concello de Muras e a Asociación Obradoiros Artesáns da Terra Chá.

A primeira romaxe foi en maio de 2016. É un escaparate aberto para aprender a valorar a beleza dos oficios, con demostracións en vivo dos artesáns chairegos de cómo se traballan tecidos e granito, madeiras, metais, barro e vimbios.

Compartir:
WhatsApp logo Facebook logo Twitter logo Correo Copiar
Máis información: Instagram logo @romaxe_artesa_da_chaira

Artistas participantes

Fillas de Cassandra

Vigo, Pontevedra

Fillas de Cassandra é un dúo musical galego formado en 2022 por MaríaSOA (Vigo, 1996) e Sara Faro (Vigo, 2001). A súa música está baseada na tradición musical e oral galega, o feminismo, os sons modernos e a mitoloxía grega.
Próximas datas

PAN.SEN.FRON

Pandeireteiras sen Fronteiros é un grupo de música tradicional de Galicia, feita con voz e percusión. Os seus principais obxectivos son poñer en valor a cultura galega, expandila e irmandala con outras culturas e sonoridades tradicionais.
Próximas datas

Romaxe artesá da Chaira

Encontro cultural de artesanía, música e gastronomía, organizado polo Concello de Muras e a Asociación Obradoiros Artesáns da Terra Chá.

A primeira romaxe foi en maio de 2016. É un escaparate aberto para aprender a valorar a beleza dos oficios, con demostracións en vivo dos artesáns chairegos de cómo se traballan tecidos e granito, madeiras, metais, barro e vimbios.

Máis información na web do concello.

Outras foliadas