Zona da zanfona

venres, 21 de novembro - domingo, 23 de novembro
Arzúa, A Coruña
Imaxe principal para Zona da zanfona

Programación completa e información sobre os cursos na imaxe de abaixo.

venres, día 21
21:00 Steve Tyler & Katy Marchant ~ María López. Capela da Madanela.

sábado, día 22
11:00 Oli Xiráldez e Gustavo Couto. Feira do 22.
19:00 Palestra: A zanfona do cego de Carello. Con XM Tobío "Xaneco". Casa de Correos.
21:00 Pärbo ~ Iván Abal. Capela da Madanela.

domingo, día 23
12:00 Zarandela ~ Escolas de zanfona. Praza de Galiza.
Compartir:
Máis información: zanfona.folque.com

Artistas participantes

María López

En 2019, durante a 49ª edición do Festival Intercéltico de Lorient, gañou a 34ª edición do MacCrimmon Trophy, o premio máis prestixioso para unha gaiteira/o, converténdose así na gañadora máis nova e na primeira muller en gañar este trofeo.

Próximas datas

Zarandela

Lugo

Formación de recente creación (2025) composta por catro novos intérpretes: Marina Salgado, Uxío Blanes, Álvar Jalón e Álvaro Marijuan. Nace no seo da Tradescola (AGG). O seu repertorio percorre a historia da zanfona en Galicia e no mundo, desde pezas de Milladoiro ou Bal y Gay ata composicións de Gilles Chabenat, pasando por arranxos e obras creadas expresamente para eles, como a Xota de Riotorto de Florencio, arranxada por Pedro Lamas.
Próximas datas

Zona da zanfona

Zona da zanfona.

Outras foliadas