XXV Guísamo Folk

sábado, 22 de agosto, a esta xa non chegamos!
Guísamo, Bergondo, A Coruña
Campo da feira
Imaxe principal para XXV Guísamo Folk

Horario aproximado. Non se anunciou o horario pero eses foron os horarios de anos anteriores.

18:00 Actividades e obradoiros
20:00 Concertos
Compartir:
Máis información: @conbergondo

Artistas participantes

Alana

Bergantiños

Alana é un grupo que nace no 2023 integrado por Eloy Vidal, Antía Vázquez e Pablo Castro. Buscan a harmonía entre a música tradicional e os ritmos contemporáneos de base electrónica e pop. Foron recentemente galardoados co premio Xuventude Crea 2023 na categoría de música.
Próximas datas

Luar na Lubre

A Coruña

Luar na Lubre nace na Coruña no ano 1985. Co paso dos anos converteuse nunha das formacións referenciais da música feita na Galiza. Levaron a cultura e a música galega a máis de 35 países con máis de dous mil concertos.
Próximas datas

Radio Cos

Próximas datas

Treixadura

Redondela, Pontevedra

Treixadura é un grupo de música galega creado en Redondela no ano 1990.
Próximas datas

Guísamo Folk

Organizado polo concello de Bergondo. Comezou a celebrarse a finais da década de 1970 ata o ano 1986. Recuperado no ano 2000. Neste festival teñen cabida músicas tradicionais, folk, de raíces, fusión, ...


Outras foliadas