Asociación cultural. Nace no ano 2017 co obxectivo de impulsar o Entroido dos Xenerais da Ulla e dinamizar a vida social e cultural da parroquia e da súa contorna.
Nace a finais do ano 2013 para dar cobertura a unha escola de música e baile tradicional galego. Forman parte dela os grupos Trébede, Lina e Lola, As Mosas do Hío e O Viveiro de Peis d’hos.
A Requinta de Lampai foundouse no ano 2023. Está formada por seis músicos que recolleron o seu testemuño coa misión de revitalizar e difundir o patrimonio musical de Lampai.