Pandeireteiras sen Fronteiros é un grupo de música tradicional de Galicia, feita con voz e percusión. Os seus principais obxectivos son poñer en valor a cultura galega, expandila e irmandala con outras culturas e sonoridades tradicionais.
Paracetafolk é un proxecto decidido a levar a festa foliadeira a calquera recuncho da nosa terra, recoñecido na pasada gala dos Premios Martín Códax da Música, na categoría de Artista Emerxente.