XIX Festa da pandeira

venres, 21 – sábado, 22 de agosto, a esta xa non chegamos!
Piornedo, Cervantes, Lugo
Imaxe principal para XIX Festa da pandeira

Programación completa na imaxe de abaixo.

venres, día 21
10:30 Obradoiro de baile tradicional con Xabier Iglesias. De balde. Información e inscricións na imaxe de abaixo.
16:30 Obradoiro de pandeira con Denise Silva. De balde. Información e inscricións na imaxe de abaixo.
21:00 Cea (20 €) e polavila.

sábado, día 22
10:30 Obradoiro de iniciación ao baile ancarés.
11:30 Obradoiro de iniciación ao toque da pandeira en Ancares.
14:00 Xantar.
16:00 Coloquio sobre a pandeira e a tradición musical na zona.
Compartir:
Máis información: facebook.com/festadapandeira

Artistas participantes

Branca Villares

Lugo

Naceu en Lugo no ano 1980. Forma parte de Eudemónicas e imparte aulas de canto tradicional, pandeira, pandeiro e pandeireta en diferentes escolas municipais e colectivos culturais da provincia.
Próximas datas

TRíADe

Vigo, Pontevedra

Formado por Luis Prego Fernández (acordeón, percusións e voz), Roberto Porto (gaita, saxo, percusións e voz) e Cristobal Pascual (percusións, zanfona e voz).
Próximas datas

Xabier Iglesias

Lugo

Mestre de baile tradicional. Formado en baile tradicional nas escolas de baile de Cántigas e Frores, Xacarandaina e Cantigas e Agarimos.
Próximas datas

Festa da pandeira

A Festa da pandeira de Piornedo naceu no ano 2006. Celébrase o terceiro sábado de agosto.

Congrega tocadoras de pandeira das comarcas próximas á serra de Ancares (provincias de Lugo, Asturias e León) e serve tamén para reunir outros músicos de outras procedencias.

Cada edición adícase a unha tocadora de pandeira das que participan neste encontro.

Outras foliadas