Buscar

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre en Bilbao

Data domingo, 21 de abril, a esta xa non chegamos!
Enderezo Sala Cúpula - Teatro Campos Elíseos
Imaxe principal para Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre en Bilbao

19:30 Comezo do concerto presentación do novo disco "Axúdame a sentir".

Entradas dispoñibles en entradas.teatrocampos.com con prezos entre 16,45 e 19 €.

En febreiro de 2024, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre publican o seu novo disco, Axúdame a sentir, o que será o cuarto da súa carreira en conxunto. Con este albúm, e tras case 10 anos de traxectoria e máis de 350 concertos, continúan traballando na recuperación e dignificación da música tradicional transmitida polas mulleres das aldeas do país.

“Axúdame a sentir” dicíame Obdulia con frecuencia, a miña avoa materna. Foi unha de tantas catedráticas sen título nesa célebre universidade da vida. Nada hai máis necesario que sentir e tampouco hai momento máis acaído para perseguir ese verbo que os tempos nos que vivimos: as humanidades esvaécense ao tempo que medra o binomio virtual-máquina. As artes, en xeral, atenderon historicamente a nosa necesidade de sentir. Ese lugar sen algoritmos é unha casa que debemos visitar tantas veces como nos sexa posible. Celebrar a non virtualidade, abrazarnos, escoitar, beber, bailar, sentir, escribir, debuxar, cantar, soñar…

A nosa casa é un torreiro e tamén a platea dun teatro ou as mesas dunha baiuca. O que acontece nun concerto é algo único e irrepetible: extínguese ao pechar o pano, mais á súa vez, é unha chama que prende e segue quentando o noso peito durante moito tempo. Ás veces acompáñanos toda unha vida.

Xabier Díaz

Outras datas: 22 de marzo en Ourense, 13 de abril en Santiago e 14 de abril na Coruña.

Compartir:
WhatsApp logo Facebook logo Twitter logo Correo Copiar

Artistas participantes

Adufeiras de Salitre

Cantareiras e pandeireterias.

Próximas datas

Xabier Díaz

A Coruña

Xabier Díaz, nado na Coruña o 22 de agosto de 1969, é un músico galego, cantante, compositor, investigador e compilador de música tradicional.
Próximas datas

Outras foliadas