Buscar

Verbena do Rella

Data sábado, 8 de xuño, a esta xa non chegamos!
Enderezo Adro da Igrexa de San Salvador de Penosiños
Imaxe principal para Verbena do Rella

17:30 Obradoiro de iniciación ao baile tradicional con Ismael Rodríguez.

18:30 Xogos tradicionais con CCP Xaquín Lorenzo.

19:00 Animación de rúa con Rebulir.

19:30 Econtro de escolas con Airiños de Arnoia, Vai de Roda (Rianxo), EBMT Rebulir (Ramirás).

21.00 Concertos de Candaira, As Lagharteiras, A Requinta de Lampai, Os Carunchos, Murga Coelerni e Tanto Nos Ten.

Programación completa na imaxe de abaixo.

Para a cea haberá cantina con racións de porco ao espeto, empanada, doces, viandas e bebidas.

A festa será a pé de torreiro como antano, o protagonismo será para a música e o baile.

Unha festa que pon en valor a figura de Manuel "O Rella", gaiteiro coñecido das Terras de Celanova.

Organizado por Rebulir.

Compartir:
WhatsApp logo Facebook logo Twitter logo Correo Copiar
Máis información: Instagram logo @rebulir_ebmt

Asociacións e artistas participantes

Airiños de Arnoia

A Arnoia, Ourense

Grupo de gaitas e danzas.
Próximas datas

Candaira

Castrelo do Val, Ourense

Asociación cultural.
Próximas datas

Lagharteiras

Pandeireteiras.
Próximas datas

Os Carunchos

Vigo, Pontevedra

Os Carunchos é un grupo de musica tradicional galega creado no ano 1994 na cidade de Vigo.
Próximas datas

Rebulir

Ramirás, Ourense

Asociación cultural e escola de baile e música tradicional. Nace no ano 2005 seguindo coa senda aberta anteriormente pola agrupación folclórica Sendra, a banda de gaitas de Ramirás e a escola de baile de Ramirás.
Próximas datas

Requinta de Lampai

Lampai, Teo, A Coruña

A Requinta de Lampai está formada por seis músicos.
Próximas datas

Tanto Nos Ten

Tanto Nos Ten é un grupo de música galego cun repertorio de músicas e letras propias e do saber popular.
Próximas datas

Vai de Roda

Rianxo, A Coruña

Asociación de música e baile tradicional.
Próximas datas

Verbena do Rella

Unha festa que pon en valor a figura de Manuel "O Rella", gaiteiro coñecido das Terras de Celanova.

Esta celebración recupera a esencia dos bailes nos que a socialización se daba por medio da música, sen máis artificios.

Outras foliadas