Buscar

TradFest nas Festas do Apóstolo

Data domingo, 28 de xullo, a esta xa non chegamos!
Enderezo Parque de Bonaval
Imaxe principal para TradFest nas Festas do Apóstolo

Programación completa das Festas do Apóstolo en PDF aquí.

12:00 Costeira. Na igrexa de Santo Domingos.

12:30 Bailai Malditos. Ruada pola cidade.

Cantometrics.

13:30 Lina e Lola.

14:30 Crua.

15:30 Luis Peixoto.

16:30 Os Carecos.

17:00 Bailai Malditos. Ruada pola cidade.

17:30 Arroutes.

18:00 Ariel Ninas.

18:30 Alana.

19:30 Rholben.

20:30 Le Mange Bal.

21:30 Caamaño & Ameixeirras. Praza da Quintana.

23:15 Capercaillie - 40º aniversario. Praza da Quintana.


Organizado por aCentral Folque e Nordesía Producións.

Compartir:
WhatsApp logo Facebook logo Twitter logo Correo Copiar
Máis información: Instagram logo @nordesiaproducions

Artistas participantes

Alana

Bergantiños

Alana é un grupo que nace no 2023 integrado por Eloy Vidal, Antía Vázquez e Pablo Castro. Buscan a harmonía entre a música tradicional e os ritmos contemporáneos de base electrónica e pop. Foron recentemente galardoados co premio Xuventude Crea 2023 na categoría de música.
Próximas datas

Arroutes

Dúo formado por Andrés Boutureira e Manuel Seoane.
Próximas datas

Bailai Malditos

Santiago de Compostela, A Coruña

Formado por Xoán Porto (gaita), Xosé Tunhas (tambor) e Ana Lenza (bombo).
Próximas datas

Caamaño & Ameixeiras

O dúo Caamaño & Ameixeiras está formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz). O dúo formouse no ano 2018 e está ligado á música e ao baile de raíz.

Próximas datas

Cantometrics

“Cantometrics” é o primeiro traballo discográfico da banda do mesmo nome, estreado en maio de 2023. O título homenaxea o método de análise que Alan Lomax desenvolveu para estudar as músicas de raíz. Lomax defendía que as características musicais do canto son un reflexo da sociedade que interpreta esa música: noutras palabras, cantamos como somos.
Próximas datas

Crua Adufeiras

Portugal. Adufes, vozes e outras percussões.
Próximas datas

Lina e Lola

O Morrazo

Pandeireteiras.
Próximas datas

Os Carecos

Ortegal

Grupo de pandeireteiros. Fundouse no ano 2014.
Próximas datas

Outras foliadas