O sábado 4 de novembro San Sadurniño vivirá unha noite de Samaín que, de seguro, non deixará a ninguén indiferente.
E é que, a diferenza doutros anos, cando se programaban actividades acompañadas ou non de castañas, nesta ocasión a cousa vai ser distinta e, sobre todo, participativa.
As concellarías de Cultura, Participación e Desenvolvemento organizarán para o público un percorrido entre o Campo da Feira e o convento do Rosario que estará cheo de sorpresas moi relacionadas cos ritos ancestrais do cambio de estación e as tradicións espirituais sobre o Alén e o tempo de Defuntos.
Ao remate do camiño haberá castañas e chocolate ben quentiño, ademais dunha foliada popular.
Abrir mapa en Google Maps.