13:00 Sesión vermú con Aquí e Acolá, Xermolos e Brixta.
15:00 Merendas abertas a veciñanza, romeiros e romeiras.
18:00 Foliada con concurso de agarrados e con Buxainas, Axeigo, Os Netos do Escribano, No Cómbaro, Embruxo, Curuncunca y los panda, Nimbos e Toma de Terra.
Ao remate Foliada libre.
Como podedes ver temos moita e boa música, tal como se merece a nosa romaría. Queremos completar unha xornada cheíña de tradición, merendas e moito baile.
Recordade que non haberá chiringuitos de ningún tipo, temos que levar todo da casa.
Ademais de gozar dun entorno privilexiado o carón do río Eume. Tamén queremos recalcar que se trata de unha festa apta e moi recomendada para todos os públicos.
Para asistir só e necesario: vestimenta axeitada, acudir con amigos ou en familia, preparar as viandas e moitas gañas de divertise.
Vémonos na Fraga!
Toma de Terra é un colectivo de artistas disidentes que pretende achegarse á música tradicional dun xeito alternativo baseándose na improvisación.