Serán dentro das Xornadas Arredor do baile comunal "O serán desta aldea", adicadas este ano a Aboal (Mondariz). Ás oito homenaxe ás tocadoras e bailadora desta aldea, e a continuación serán aberto. Na Praza de Abastos de Mondariz.
Domingo, día 29
10.30 Inauguración
10.45 Obradoiro “A pandeireta nos seráns de Aboal”. Xandre Outeiro
13.00 Relatorio “BIC a foliada”. Rafael Quintía
13.45 Coloquio “A Foliada, un patrimonio a debate” . Con Rafael Quintía, Xulia Feixoo e guiada por Guillerme Ignacio.
14.30 Xantar de confraternización
17.30 Obradoiro “O baile nos seráns de Aboal”. Miguel Souto
Martes, día 31
20.00 Homenaxe ás pandeireteiras de Aboal (Mondariz).
20.30 Serán
Máis información na páxina web da Asociación de gaiteiros de Galicia.
Organizado pola AGG (asociación do baile e a música de tradición galega).