domingo, día 26
10.30 Inauguración.
10.45 Obradoiro “A pandeireta nos seráns de Meirol”. Xabier Díaz.
12.45 Descanso.
13.00 Charla-presentación “Cancioneiro galego serodio (1989 – 2012)”. Xabier Díaz.
13.30 Coloquio “Cantareiras e baile comunal: fortalezas e feblezas no ano das Letras”. Con Beatriz Busto, Nuria Gesteira, Xabier Díaz e a moderación de Álvaro R. Carballo.
14.30 Xantar de confraternización.
17.30 Obradoiro “O baile nos seráns de Meirol”. Nuria Gesteira.
venres, día 31
20.00 Homenaxe ás informantes de Meirol (Mondariz), con algunhas das protagonistas. Contaremos coas actuacións musicais dos pandeireteiros Gaetiños do Castromao e a colaboración especial da harpista Beatriz Martínez xunto coa pandeireteira Nuria Gesteira .
20.30 Serán aberto.
A asistencia é de balde previa inscrición, que deberá facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.gal indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
A participación nas xornadas será de balde, previa reserva e ata completar capacidade, tendo preferencia s soci@s da AGG, que disporán ata o mércores día 15 para inscribirse, e a partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.
Para a participación nos obradoiros de baile e pandeireta requírense coñecementos previos. Así mesmo, para asistir ao xantar de confraternización é preciso inscribirse antes do día 22 de outubro.
Dúas xornadas onde compartiremos tradición oral, tocando, cantando, bailando e homenaxeando ás mestras de Meirol. Teremos a ocasión de homenaxear a Rosa de Aurelia, Sinda do Coto, Maruja da Carolina, Estrella da Carolina e Gloria do Cruceiro, tocadeiras e bailadeiras da aldea protagonista desta edición, de xeito que poidamos reivindicar o grande patrimonio inmaterial que elas e outras que xa non están nos teñen deixado.
Organizado por Asociación de gaiteiros/as galegos/as.