Grupo musical da ETRAD de Vigo composto por oito alumnos de Conxunto 5: Carla (zanfona), Sara (violín), Lidia (gaita), Rubén (gaita), Aldara (canto e percusión), Joel (canto e percusión), Javier Abad (bouzouki) e Javier Álvarez (guitarra).
A asociación cultural folclórica O Fiadeiro nace no ano 1996 co propósito de recoller, conservar e transmitir ás novas xeracións o legado da cultura inmaterial da tradición galega.