🎉 Xa está aquí a II Foliada de Montemaior! 🎉
O vindeiro 19 de setembro agardámosvos no Polideportivo de Comiáns (haberá carpa) para vivir un día cheo de música, tradición, boa comida e moito ambiente! 🥁🎶
🍹 Sesión vermú de 13:30 a 15:00 h, a cargo de Ángel Habana
🔥 Ás 15:00 h, churrascada
🎻 Foliada a partir das 18:00 h
🥣 E á noite… callos e callos veganos por só 3 €!
🍽️ Menú: churrasco, cachelos, pan, bebida, 2 postres e café.
💶 Socios: 30 € | Non socios: 35 € | Nenos/as menores de 12 anos: 15 €
🎟️ Tickets á venda en: Cervecería A Tella, Bar O Canta, Mesón A Taberna, Capillas e membros da directiva.
📍 Unha xornada para xuntarnos, desfrutar da nosa cultura e facer festa como se merece.
Vémonos na II Foliada de Montemaior! 💃🪕🎶
Organizado por Montemaior.