Gala Cántigas e Frores

domingo, 15 de marzo ás 20:00
Auditorio Fuxan Os Ventos
Imaxe principal para Gala Cántigas e Frores

20:00 Comezo.

Entradas: 2 € en entradaslugo.es.
O vindeiro domingo, 15 de marzo celebraremos a Gala Entrega do Premio Cántigas e Frores da Cultura Tradicional 2026. Nesta edición, os diferentes grupos da nosa asociación poñerán música e baile a un percorrido polas diferentes salas do Museo do Pobo Galego.

Este ano, o Museo do Pobo Galego celebra os seus 50 anos de traballo pola investigación, conservación, divulgación e promoción da nosa cultura, polo que non podemos pensar en mellor ocasión para homenaxear a súa enorme labor e bo facer.

Ademais, volveremos contar coa fermosa peza deseñada (e máis algunhas sorpresiñas!) por INTRE Cerámica para agasallar á institución.

Por último, moitas grazas a Cultura Turismo e Lingua Lugo pola súa colaboración para facer este evento posible.

Organizado por Cántigas e Frores.

Compartir:
Máis información: @cantigasefrores

Asociacións participantes

Cántigas e Frores

Lugo

A asociación cultural "Cántigas e Frores" foi creada en Lugo no ano 1948 como unión das agrupacións "Frores e Silveiras" e "Cantigas e Aturuxos". Ambas agrupacións proviñan da excisión do "Orfeón Galego" que dirixía o mestre Xoán Montes.
Próximas datas

Outras foliadas