20:00 Comezo.
Entradas: 2 € en
entradaslugo.es.
O vindeiro sábado 22 de marzo celebraremos a Gala Entrega do Premio Cántigas e Frores á Cultura Tradicional 2025. Da man dos diferentes grupos da nosa asociación e coa condución de Patricia Vázquez, faremos un percorrido polo repertorio das catro provincias galegas en homenaxe a todas as persoas que traballan pola conservación e transmisión da nosa cultura.
Con moita ilusión, faremos entrega do galardón deste ano ao grupo Leilía —integrado por Mercedes Rodríguez, Rosario Rodríguez, Ana Rodríguez, Felisa Segade, Patricia Segade e Montse Rivera— en recoñecemento aos seus máis de trinta anos de traxectoria musical e ao seu papel como referentes da música tradicional galega. Organizado por Cántigas e Frores.