Fransy presenta Manhe no Teatro Colón

domingo, 23 de novembro ás 19:00
Teatro Colón
Imaxe principal para Fransy presenta Manhe no Teatro Colón

19:00 Comezo.

Entradas dispoñibles en entradas.ataquilla.com desde 13,60 €.

Fransy é unha referencia ineludible da nosa música e a súa voz e a súa pandeireta abondan. Porén, "Manhe" é un agasallo para os ouvidos: a conxunción marabillosa da nosa herdanza ao encontro da Orquestra de Cámara Galega e o saxo soprano de Pedro Lamas, responsable tamén dos arranxos e a dirección musical. Máis de vinte músicos en escena que acompañan a Fransy neste soño, unha grande orquestra de corda que arrola as nosas músicas máis auténticas con mimo e paixón, elegancia e forza. Unha soa voz e unha grande orquestra que conversan e latexan xuntos.
Compartir:
Máis información: @fransygc

Artistas participantes

Fransy González

Bergantiños

Cantareira e pandeireteira. Investigadora e mestra de música tradicional galega.
Próximas datas

Outras foliadas