Festival de Lorient

venres, 31 de xullo – domingo, 9 de agosto
Lorient, Francia, Alén do Padornelo
Imaxe principal para Festival de Lorient

Horario e máis información proximamente.

Compartir:
Máis información: festival-interceltique.bzh

Artistas participantes

Ailá

Santiago de Compostela, A Coruña

Ailá emerxe das foliadas na Casa das Crechas. Unha proposta inspirada no respecto á tradición e á música patrimonial galega.
Próximas datas

Carlos Núñez

Vigo, Pontevedra

Carlos Núñez é un músico galego nado en Vigo en 1971. É un recoñecido intérprete de gaita galega, frauta galega, ocarina, frauta irlandesa, whistle e low whistle.
Próximas datas

Susana Seivane

Barcelona, Alén do Padornelo

Susana Seivane naceu en Barcelona en 1976. É unha gaiteira galega cun estilo musical tradicional dos antigos gaiteiros incorporando influencias doutras músicas. A súa traxectoria inclúe sete discos ao longo de 25 anos.
Próximas datas

Tequexetéldere

A Estrada, Pontevedra

Agrupación folclórica. Nace no ano 1990.
Próximas datas

Festival de Lorient

O Festival Intercéltico de An Oriant é un festival de música celta que se celebra na cidade do mesmo nome, na Bretaña francesa. O festival é un punto de encontro das nacións celtas, no que a cultura, música e tradicións dos diferentes países se dan cita. Ten lugar nos primeiros días de agosto e é o maior acontecemento destas características no mundo tendo unha duración de dez días.

Outras foliadas