Alana é un grupo que nace no 2023 integrado por Eloy Vidal, Antía Vázquez e Pablo Castro. Buscan a harmonía entre a música tradicional e os ritmos contemporáneos de base electrónica e pop. Foron recentemente galardoados co premio Xuventude Crea 2023 na categoría de música.
A asociación cultural folclórica O Fiadeiro nace no ano 1996 co propósito de recoller, conservar e transmitir ás novas xeracións o legado da cultura inmaterial da tradición galega.
O Festival Intercéltico de An Oriant é un festival de música celta que se celebra na cidade do mesmo nome, na Bretaña francesa. O festival é un punto de encontro das nacións celtas, no que a cultura, música e tradicións dos diferentes países se dan cita. Ten lugar nos primeiros días de agosto e é o maior acontecemento destas características no mundo tendo unha duración de dez días.