Caldo é un trío galego formado por María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra). A súa música tradicional achégase a contextos sonoros contemporáneos a través da experimentación cós propios instrumentos.
Dun lado a Bretaña, polo outro Asturias, no medio, 5 músicos ambulantes que forman unha tola fanfarria que levará ao público dun lado ao outro do Atlántico para descubrir unha música enérxica e festiva que combina composicións e melodías tradicionais.
Laura Iglesias Buján naceu en Calo no ano 2003. Desde 2021 forma parte do grupo musical do Conservatorio Profesional de Música Felipe Paz Carbajal de Noia.
En 2019, durante a 49ª edición do Festival Intercéltico de Lorient, gañou a 34ª edición do MacCrimmon Trophy, o premio máis prestixioso para unha gaiteira/o, converténdose así na gañadora máis nova e na primeira muller en gañar este trofeo.