Davide Salvado presenta Permita Deus

xoves, 21 de maio ás 20:30
Vigo, Pontevedra
Auditorio Teatro Afundación
Imaxe principal para Davide Salvado presenta Permita Deus

20:30 Comezo.

Entradas dispoñibles en entradas.ataquilla.com desde 22 €.
Permita Deus é un espectáculo íntimo, creado para a escoita e para os sentidos. Un encontro coas músicas tradicionais que marcaron o seu camiño, especialmente as de Galicia, en diálogo con sonoridades doutras terras que tamén o habitan.

Baixo este título, que é case unha invocación e unha entrega, o repertorio ábrese á memoria, á emoción e ao sagrado do cotián.

Cancións de raíz, con letras de Manuel Cortés e a presenza de convidados moi especiais, que farán de cada momento algo único e irrepetible.

Voz, palabra e verdade nun formato próximo e esencial.
Compartir:
Máis información: @davide_salvado

Artistas participantes

Davide Salvado

Marín, Pontevedra

Nado en Marín no ano 1981. É un cantante de música tradicional galega.
Próximas datas

Outras foliadas