Este ano queremos aportar a nosa axuda á “Asociación Miradas que hablan duplicación Mecp2”, unha asociación sen ánimo de lucro creada no 2014 para a investigación desta enfermidade xenética.
O xene mecp2 é o encargado de regular ao resto de xenes, polo que si este non funciona ben, tampouco o farán o resto, o que provoca diversos síntomas. Dende a investigación describen este xene como se fora o director dunha orquesta donde os instrumentos son o resto de xenes.
A asociación debe o seu nome ao feito de que os nenos que a padecen non poden comunicarse mediante a fala.
Todo o recadado irá para esta asociación que realiza unha labor fundamental apoiando ás familias e dando visibilidade a esta enfermidade. 💙
Sobre o escenario contaremos cxs nosxs amigxs de No Cómbaro e de Gamelas e Anduriñas (@gamelas.espasante), que encherán o teatro de música e ledicia. 🎶
Información importante:
A entrada será LIBRE, non haberá venta de entradas nin se reservan prazas (agás para os/as colaboradores/as).
O aforo completarase por orden de chegada.
E como poderedes doar ou aportar a vosa axuda?
O donativo poderase facer no momento da entrada ao Teatro da Beneficencia de Ortigueira.
E se non podedes acercarvos presencialmente ao concerto tamén poderedes colaborar directamente coa asociación! Facendo o donativo ao número de conta ES19 0049 3165 6828 1412 9039 ou por bizum co código 02192. (Máis información: www.duplicacionmecp2.es/#project-section)
Organizado por Escola de Gaitas de Ortigueira.