12:30 Comezo
Chosco é o dúo de folk galego formado por Sara Bonner (zanfona) e Alberto Sánchez (acordeón). O proxecto nace do encontro entre a sonoridade envolvente da zanfona e a forza expresiva do acordeón. Cunha lectura propia da tradición oral e da música instrumental galega, a formación explora novos arranxos e estruturas sen perder a esencia do baile e da festa.