20:30 Comezo do espectáculo.
Entradas dispoñibles en abilleteira.concellodeames.gal a 5 €.
Ceibe é unha peza coreográfica de 60 minutos de duración cun elenco de 8 bailadoras e bailadores, dirección artística de Fran Sieira e Sergio R. Suárez, espazo escénico de Laura R. Iturralde, iluminación de Fidel Vázquez, música de MounQup (Camille Hedouin) e Carlos Quintá, vestiario de Érica Oubiña e espazo sonoro de Isaac Millán.
Ceibe fonda na relación entre o xénero e a nosa tradición, nas súas formas de operar en diferentes ámbitos da cotiandade, incluíndo, por suposto, unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional galego. Trátase de entender o que o xénero é para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade.
Ceibe reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos impostos socialmente, para establecer distancia coa normalidade e arrastrala cara as marxes, para dende aí formular e construír novas formas de entender o corpo e o movemento. Cuestiona as identidades de xénero normativas e hexemónicas, para comprender e compartir que o xénero opera sobre todos os corpos.
Outras datas:
2 de marzo Auditorio Municipal 'Xosé Manuel Pazos Varela, Cangas. Entradas: 13,40 € en ataquilla.com.
9 de marzo Teatro Principal de Santiago de Compostela. Entradas: 10 € en compostelacultura.gal.
12 de abril Casa da Cultura de Milladoiro, Ames. Entradas: 5 € en abilleteira.concellodeames.gal.
26 de abril Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. Entradas: 5 € en ataquilla.com.
27 de abril Pazo da Cultura, Narón. Entradas: de 6,65 € a 9,50 € en padroadodecultura.es.
3 de maio Auditorio Municipal Gustavo Freire, Lugo. Entradas: 5 € en entradaslugo.es.
16 de maio Teatro Rosalía de Castro, A Coruña.