Buscar

Ceibe, peza coreográfica de Fran Sieira, compañía de danza

Data venres, 26 de abril, a esta xa non chegamos!
Enderezo Auditorio municipal
Imaxe principal para Ceibe, peza coreográfica de Fran Sieira, compañía de danza

20:00 Comezo do espectáculo.

Entradas dispoñibles en www.ataquilla.com a 5 €.

Ceibe é unha peza coreográfica de 60 minutos de duración cun elenco de 8 bailadoras e bailadores, dirección artística de Fran Sieira e Sergio R. Suárez, espazo escénico de Laura R. Iturralde, iluminación de Fidel Vázquez, música de MounQup (Camille Hedouin) e Carlos Quintá, vestiario de Érica Oubiña e espazo sonoro de Isaac Millán.

Afonda na relación entre o xénero e a nosa tradición,nas súas formas de operar en diferentes ámbitos da cotiandade, incluíndo, por suposto, unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional galego. Trátase de entender o que o xénero é para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade.

“Ceibe” reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos impostos socialmente, para establecer distancia coa normalidade e arrastrala cara as marxes, para dende aí plantexar e construír novas formas de entender o corpo e o movemento. Cuestiona as identidades de xénero normativas e hexemónicas, para comprender e compartir que o xénero opera sobre todos os corpos.

Outras datas:

2 de marzo Auditorio Municipal 'Xosé Manuel Pazos Varela, Cangas. Entradas: 13,40 € en ataquilla.com.

9 de marzo Teatro Principal de Santiago de Compostela. Entradas: 10 € en compostelacultura.gal.

12 de abril Casa da Cultura de Milladoiro, Ames. Entradas: 5 € en abilleteira.concellodeames.gal.

26 de abril Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. Entradas: 5 € en ataquilla.com.

27 de abril Pazo da Cultura, Narón. Entradas: de 6,65 € a 9,50 € en padroadodecultura.es.

3 de maio Auditorio Municipal Gustavo Freire, Lugo. Entradas: 5 € en entradaslugo.es.

16 de maio Teatro Rosalía de Castro, A Coruña.

Compartir:
WhatsApp logo Facebook logo Twitter logo Correo Copiar
Máis información: Instagram logo @fransieiradanza

Artistas participantes

Fran Sieira compañía de danza

Fran Sieira compañía de danza nace no ano 2017 pola inquedanza do bailador de danza tradicional galega de dar un paso máis na súa carreira artística. Fran Sieira impartiu clases de baile e música tradicional durante máis de 15 anos antes de crear a compañía de danza.
Próximas datas

Outras foliadas