venres, día 16 | No centro cultural
19:00 Faladoiro sobre a poesía popular oral e as cantareiras. Con Xabier Díaz (músico e compilador de música tradicional), Ana Rodríguez (música, integrante de Leilía), Antón Santamarina (académico da RAG e coautor do Cancioneiro Popular Galego). Modera Carlos Xosé Vidal (mestre de baile e canto tradicionais).
sábado, día 17 | Na Carballeira
11:30 Obradoiro "Bailando coa lingua" con As Armadanzas (Montse Rivera e Mercedes Prieto).
13:00 Concerto de Malvela.
16:30 Actuacións dos grupos das Escolas de Pandeireta de Bugallido e do Grupo de Pandeireteiras Amessán-Bugallido.
18:00 Obradoiro e exhibición de rap improvisado e regueifa, a cargo de CeibaRimas, coa participación de Big Meu, Arrieiro, Xairo d'Herbón e Vila-C.
20:00 Concerto de Ailá e Cantigas e Agarimos.
Organizado polas asociacións de veciños de Bugallido.