Celme de zanfona

Centro de Artesanía e Deseño, rúa Chantada s/n
A provincia de Lugo foi, na última metade do século pasado, o epicentro no estudo, recuperación e revitalización da zanfona en Galicia, con dous obradoiros en Monforte e o Obradoiro escola de instrumentos da Deputación de Lugo. A nosa traxectoria estivo marcada, desde o xerme fundacional, pola recuperación e promoción do patrimonio musical en todas as súas vertentes. Uns traballos esenciais para o futuro da zanfona xa que os avances lóxicos teñen que producirse desde dentro, edificando sobre esa herdanza histórica, non podemos perder a cor da nosa música e con ela os oficios patrimoniais. Somos persoas con conciencia identitaria e cultural, somos un país de alta cultura.

Organizado pola Deputación de Lugo e o CentrAD (Centro de Artesanía e Deseño).
Compartir:

Próxima edición:

Imaxe para V Encontro celme de zanfona
V Encontro celme de zanfona 24 outubro 2025

Outras edicións: