Ailá emerxe das foliadas na Casa das Crechas. Unha proposta inspirada no respecto á tradición e á música patrimonial galega.
Leilía é un grupo de pandeireteiras galegas nado no verán de 1989 co propósito de recuperar do esquecemento a tradición oral galega. No ano 1994 publicaron o disco "Lelilía" composto por pezas tradicionais. Mudaron o panorama da música de raíz ao ser o primeiro grupo de pandeireteiras que tocaban sen acompañamento de outros instrumentos.
Festival Folk de Raiz celebrado en Callobre (A estrada).