XVIII Xornada de Literatura de Tradición Oral: Onde van os marcos?

sábado, 25 de outubro ás 10:15
Salón de Actos da Deputación de Lugo, rúa San Marcos, 8
Imaxe principal para XVIII Xornada de Literatura de Tradición Oral: Onde van os marcos?

Programa completo e máis información na imaxe de abaixo. Inscrición obrigatoria e máis información en aelg.gal.

10.15 Recepción, entrega de material e inauguración
10.30 - 11.10 Conferencia: “Da polavila á escena:  recollida, creación e difusión”. Con Adrián Méndez, mestre de baile e música tradicional, produtor e integrante de  De Ninghures.
11.10 - 11.50 Conferencia: “A regueifa no ensino: a oralidade  como catalizador  na mocidade”. Con Almudena Falcón, docente de Lingua e Literatura galega no IES Basanta Silva de Vilalba. Promotora do Campus de Regueifa da Terra Chá.
11.50 - 12.30 Conferencia: “O valor da palabra, sempre e mais despois”. Con Tereixa Novo, mestra, música fundadora e integrante  de Fuxan os Ventos.
12.30 - 14.00 Mesa redonda: "A oralidade das cantareiras:  Fonte de inspiración e recursos na escena cultural e musical". Participan: Almudena Falcón, Tereixa Novo e Adrián Méndez. Coordina: Branca Villares.
16.00 - 16.40 Conferencia: “ A radio escolar como ferramenta para traballar o Patrimonio Inmaterial”. Con Lois Toirán, mestre de primaria, docente de radio e representante do proxecto Ponte nas ondas.
16.40 - 17.20 Conferencia: “As voces das mulleres rurais e a contrucción dun arquivo oral. Terra e memoria”. Con Ana Cabana, doutora en Historia pola USC, profesora titular do Departamento de Historia no Campus de Lugo da USC.
17.20 - 18.00 Conferencia: “Colleita e recolleita: a patrimonialización da memoria intrafamiliar”. Con Branca Villares, mestra de canto tradicional e divulgadora do folclore galego.
18.00 - 19.30 Mesa redonda: "A oralidade das cantareiras: salvagarda da memoria do pobo. O valor dos arquivos e a súa difusión". Participan: Lois Toirán, Ana Cabana e Branca Villares. Coordina: Eva Teixeiro.
19.30 - 20.30 Sesión práctica: “Cantareiras: o poder da poesía do pobo”. Con Jara Ortiz, cantareira, compositora, arranxista e divulgadora musical.
Compartir:
Máis información: aelg.gal

Outras foliadas