Xornada: Vivan as do meu lugar

sábado, 3 de maio ás 11:00
Pazo da cultura
Imaxe principal para Xornada: Vivan as do meu lugar

11:00 Un novo mapa. Encontro de artistas. Con Alana, Mercedes Peón, Su Garrido Pombo e De Ninghures.

13:00 Vermú con libros. Presentacións do libro Somos Pandeireteiras e da colección Chave Mestra de aCentral Folque.

16:00 A importancia das asociacións locais na preservación do repertorio tradicional de Carballo e comarca. Mesa redonda con representantes das asociacións locais Arume de Verdillo, Nemeth, San Campio de Cances, Escola do Alprende e Coro Aires de Bergantiños.

18:00 Que fas o domingo? Novos xeitos de compilar e difundir a música de tradición oral. Palestra a cargo do compilador Miguel B. Lesta.

20:00 Concerto CANTA, MIÑA COMPAÑEIRA. Pazo da cultura con entrada libre ata completar capacidade. Titulado coma o verso dunha cantiga que lle da nome a todo o Programa das Letras de Carballo. Nel poderemos desfrutar do bo facer das Cantareiras de Arume de Verdillo, das Cantareiras de Nemeth, das Cantareiras de San Campio de Cances, das Cantareiras do Candil e de As Tocadoras do Alprende.

Inscrición previa en vivanasdomeulugar@gmail.com.
Compartir:
Máis información: carballo.gal

Asociacións e artistas participantes

Alana

Bergantiños

Alana é un grupo que nace no 2023 integrado por Eloy Vidal, Antía Vázquez e Pablo Castro. Buscan a harmonía entre a música tradicional e os ritmos contemporáneos de base electrónica e pop. Foron recentemente galardoados co premio Xuventude Crea 2023 na categoría de música.
Próximas datas

Arume de Verdillo

Asociación cultural.
Próximas datas

De Ninghures

De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada.

Próximas datas

Mercedes Peón

A Coruña

Música, cantante e instrumentista galega. Naceu na Coruña en 1967.
Próximas datas

Nemeth

Carballo, A Coruña

Asociación cultural.
Próximas datas

San Campio

Vedra, A Coruña

Asociación cultural.
Próximas datas

San Campio de Cances

Carballo, A Coruña

Asociación cultural.
Próximas datas

Somos Pandeireteiras

Asociación cultural.
Próximas datas

Tocadoras do Alprende

Carballo, A Coruña

Pandeireteiras.
Próximas datas

Outras foliadas