Un ano máis, a Asociación Cultural Xacarandaina comprácese en convocar o seu Concurso de Baile Tradicional.
Esta edición terá lugar o 7 de xuño no Pazo da Ópera da Coruña en horario de tarde.
O prazo de inscrición acaba o 24 de maio.
Poderedes facer a inscrición mandando o documento cuberto ao noso correo (info@xacarandaina.com) ou a través dun formulario.
Para calquera consulta podedes contactar connosco por correo electrónico ou teléfono (981277315).
Agardamos contar con todos vós!
*Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.
Organizado por Xacarandaina.