18:30 Charla (Felicia Insuela, mestra cantareira). Con Guillerme Ignacio Costas.
19:15 Actividade para a cativada: Polo correo do vento (cantareiras).
20:00 Concerto das Pandeireteiras de Arcade (Toutén).
En homenaxe a Felicia de Fofe (Felicia Insuela), unha das grandes voces da tradición oral galega que residiu en Paredes durante boa parte da súa vida. Falecida en 2016 aos 86 anos, foi unha colaboradora habitual de programas como "Luar" e "Alalá" da TVG. Tamén participou na fundación da Asociación Cultural de Paredes, deixando unha profunda pegada no patrimonio inmaterial da contorna.