11:00 Navegación tradicional a vela a cargo da asociación Os Galos. Porto de Bueu.
11:30 Obradoiro de canto e pandeireta por Xandre Outeiro. Biblioteca central.
12:30 Obradoiro infantil "Elaboración de aderezo tradicional galego" por Sisel Galicia. Biblioteca central.
Charla "O oficio das redeiras" a cargo da asociación de redeiras O Cerco. Biblioteca central.
13.30 Actuación da agrupación Charaviscas (Moaña) e Ximalveira (O Hío). Carpa do parque das Lagoas.
17:30 Mesa redonda: A creación musical: fusión da música tradicional coa electrónica. Coa participación de Mercedes Peón, Xandre Outeiro e Mondra. Centro Social do Mar.
18:00 Construción de trebellos musicais por Pablo Pintor. Biblioteca central.
18.30 Actuación do agrupación Breogán (Moaña). Carpa do parque das Lagoas.
19:00 Obradoiro de iniciación ao baile por Miguel Sotelo. Carpa do parque das Lagoas.
19:30 Concertos de Caamaño & Ameixeiras e Tiruleque. Carpa do parque das Lagoas.
Primeira xornada: 22 de setembro en Cangas.
Segunda xornada: 5 de outubro en Moaña.
O dúo Caamaño & Ameixeiras está formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz). O dúo formouse no ano 2018 e está ligado á música e ao baile de raíz.