12:00 Inauguración da exposición con vermú foliada.
A autora das fotografías é Charo Lópes (@uma__lopes), xornalista e fotógrafa boirense.
Espadela, Escola de Apoderamento Feminista de Mulleres do Rural, nace en 2018 impulsada pola cooperativa Arabías da man do Sindicato Labrego Galego e financiada pola Deputación da Coruña. Xorde co fin de crear espazos de traballo colectivo onde pensar e construír xuntas.