19:00 Comezo.
O Espazo de Danza da Universidade, baixo a dirección de Juan Carlos Zahera, organiza a quinta edición do Tradi-Fest, un festival de música tradicional e danza que terá lugar, con entrada libre, o xoves 9 de abril ás 19.00 horas no Xardín das Pedras que Falan (detrás do Colexio de Fonseca).
O principal obxectivo do Tradi-Fest é favorecer, nun futuro, un diálogo cultural entre os pobos do norte e do sur da franxa Atlántica, coa difusión da cultura musical e dancística.
Organizado pola USC dentro da programación Primavera Cultural.