Convocatoria aberta e gratuíta para as primeiras 16 persoas maiores de 15 anos relacionadas co baile tradicional galego que formalicen a súa inscrición ata o 23 de xuño.
Un obradoiro de investigación e creación de 4 horas de duración que se desenvolverá o 27 de xuño de 10 a 14 horas no local do C.C.R.D. Perlío, Fene.
A metodoloxía e ferramentas da práctica estarán vinculadas aos conceptos que se abordaron no proceso de creación de Un Baile Ceibe. Experimentaremos desde o movemento normativo que xeran os nosos corpos e veremos canto dese movemento está condicionado polos estereotipos de xénero tradicionais. Recoñecerémolos e crearemos unha práctica do movemento tanto individual como colectiva intentando desligarse deses clixés e creando distancia coa normatividade a través dun movemento máis libre e amable co noso corpo. Ademais aprenderemos todo o material coreográfico necesario para que as persoas participantes poidan integrarse no elenco da última parte de Un Baile Ceibe.
A través desta práctica o luns 6 de xullo, na representación de Un Baile Ceibe que terá lugar ás 20:30 horas na Praza Alcalde Ramón Souto González de Fene as participantes do obradoiro formarán parte da estrutura coreográfica da peza xerando grupos de corpos danzando ceibes.
Organizado por Fran Sieira compañía de danza.