Tocadoras d'onte e d'hoxe

domingo, 8 de marzo ás 12:30
Ribeira, A Coruña
Auditorio novo
Imaxe principal para Tocadoras d'onte e d'hoxe

12:30 Comezo.
Temos o pracer de presentarvos o que, sen dúbida, será o concerto máis especial das Pandereteiras de Tahúme.

Unha homenaxe a todas esas mulleres que nos transmitiron a súa cultura, a súa música e as súas tradicións.

Este concerto nace como unha mostra de agradecemento ás mulleres que coa súa voz e a súa música mantiveron viva a nosa música tradicional, e non podíamos mellor día para facelo que o 08 de marzo.

Tocadoras d’onte e d’hoxe é unha viaxe por todas esas recollidas feitas a mulleres e que unen xeracións. Elas, as que nos ensinaron todo o que nos hoxe sabemos.

Agardámosvos a todos e cada un de vos para, entre todos, seguir mantendo viva a nosa tradición.
Compartir:
Máis información: @pandereteirastahume

Artistas participantes

Pandeireteiras Tahúme

Olveira, Ribeira, A Coruña

Próximas datas

Outras foliadas