Tiruleque presenta Repichoca no Teatro Colón

domingo, 9 de novembro ás 20:30
Teatro Colón
Imaxe principal para Tiruleque presenta Repichoca no Teatro Colón

20:30 Comezo.

Entradas dispoñibles en entradas.ataquilla.com desde 16,60 €.

Tiruleque é unha das bandas de música galega máis veteranas do país. Xurdiu na Coruña fai máis de vinte anos e criouse nese mundo de romarías, foliadas, bailes, festas populares e demais encontros que son celebracións da cultura galega en si mesmos. Un mundo vivo e rico, no que calquera chispa espontánea prende na celebración conxunta, e onde todo o mundo ten, na música, no canto ou no baile, o seu lugar.

Neste cuarto traballo discográfico, a banda coruñesa xoga coa forza das voces femininas que deron forma á tradición da música cantada en galego. Esas avoas incansables de corpos vellos e espíritos novos, que foron quen de transmitirnos non só as pezas, senón tamén esa enerxía, ese lume interior co que xa iluminaban os encontros de décadas atrás.
Compartir:
Máis información: @tiruleque_musica_galega

Artistas participantes

Tiruleque

A Coruña

Grupo de música galega. Nace no ano 2002. Música baseada na tradición galega, con elementos modernos, feita para cantar e bailar.
Próximas datas

Outras foliadas