Tanxugueiras no acto oficial polas Letras Galegas

sábado, 17 de maio, a esta xa non chegamos!
Centro Cívico e Cultural
Imaxe principal para Tanxugueiras no acto oficial polas Letras Galegas

12:30 Comezo.

A Real Academia Galega celebrará a sesión extraordinaria e pública do Día das Letras Galegas no Centro Cívico e Cultural de Malpica de Bergantiños, concello natal das Pandeireteiras de Mens, nas que personifica este 17 de maio que lles dedica ás cantareiras e á poesía popular oral canda Adolfina e Rosa Casás (A Vila da Igrexa, Cerceda) e Eva Castiñeira (Agranzón, Muxía). A sesión extraordinaria da RAG é de entrada libre ata completar a capacidade do auditorio e poderá seguirse en directo dende academia.gal.

Durante o pleno, que arrincará ás 12:30 horas, pronunciaranse as alocucións académicas de Ana Boullón, impulsora da candidatura; Antón Santamarina, coautor do ‘Cancioneiro Popular Galego’ xunto a Dorothé Schubarth; e o expresidente da RAG Xesús Alonso Montero.

A sesión extraordinaria da RAG é de entrada libre ata completar a capacidade do auditorio e poderá seguirse en directo dende academia.gal.

Organizado pola Real Academia Galega.
Compartir:
Máis información: academia.gal
Abrir mapa en Google Maps.

Artistas participantes

Tanxugueiras

Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao trap ou á electrónica.

Próximas datas

Outras foliadas