Buscar

Romería do Merlo: vermú, xantar popular, foliada e concertos

Data sábado, 4 de maio, a esta xa non chegamos!
Enderezo Sala Rebullón, avda. Rebullón 23
Imaxe principal para Romería do Merlo: vermú, xantar popular, foliada e concertos

Sesión vermú, xantar popular, foliada, foliadiña e concertos.

Entradas: entre 16 e 30 €, con opcións de xantar máis vermú, só concertos de noite ou completa. Data límite para reservar entrada con comida: 1 de maio. Dispoñibles en numeproducions.com.

Haberá foliadiña infantil pola tardiña.

Coa participación de Cantometrics, Sindicato do Folclore, Miguel Fraile, Arredores e Carmela.

Organizado por Nume Producións.

Compartir:
WhatsApp logo Facebook logo Twitter logo Correo Copiar
Máis información: Instagram logo @numeproducions

Artistas participantes

Cantometrics

“Cantometrics” é o primeiro traballo discográfico da banda do mesmo nome, estreado en maio de 2023. O título homenaxea o método de análise que Alan Lomax desenvolveu para estudar as músicas de raíz. Lomax defendía que as características musicais do canto son un reflexo da sociedade que interpreta esa música: noutras palabras, cantamos como somos.
Próximas datas

Carmela

Carmela é un proxecto que basea o seu repertorio no canto de tradición oral, etendéndoo como un construto social vinculado á tradición e, por tanto, á contemporaneidade.
Próximas datas

Sindicato do Folclore

Trío de música tradicional galega.
Próximas datas

Outras foliadas