NicraFolk Negreira

sábado, 13 de xuño ás 20:30
Negreira, A Coruña
Patio CEIP O Coto
Imaxe principal para NicraFolk Negreira

20:30 Foliada coa Escola municipal de pandeireta e a Veiga do Cotón.
22:00 Comezo dos concertos:
Alana con Lina e Lola
Xosé Lois Romero e Aliboria
Compartir:
Máis información: @culturanegreira

Asociacións e artistas participantes

Alana

Bergantiños

Alana é un grupo que nace no 2023 integrado por Eloy Vidal, Antía Vázquez e Pablo Castro. Buscan a harmonía entre a música tradicional e os ritmos contemporáneos de base electrónica e pop. Foron recentemente galardoados co premio Xuventude Crea 2023 na categoría de música.
Próximas datas

Lina e Lola

O Morrazo

Pandeireteiras. Nace no ano 2013. Ao comezo eran só dúas, pero a familia foi medrando ata chegar ás nove pandeireteiras actuais. Nesta década colaboraron con artistas recoñecidos como Xabier Díaz, Mondra, El Nido, Xurxo Fernandes, Camaño&Ameixeiras ou Ailá.
Próximas datas

Veiga do Cotón

Negreira, A Coruña

Sociedade cultural e folclórica.
Próximas datas

Xosé Lois Romero & Aliboria

Combo galego dirixido polo multiinstrumentista Xosé Lois Romero. Defínense como "tribalismo neo-folclórico galego". Son un coro de voces femininas e percusión tradicional.

Próximas datas

NicraFolk Negreira

NicraFolk

Outras foliadas