Mondra, De Ninghures, Xabier Díaz, Alana e as agrupacións carballesas no Verán Cultural

venres, 18 de xullo ás 22:30
Imaxe principal para Mondra, De Ninghures, Xabier Díaz, Alana e as agrupacións carballesas no Verán Cultural

Programación completa en carballo.gal.

venres, 18 de xullo
22:30 Mondra. Praza do Concello.
Mondra presenta o seu novo traballo, De ronda, cun novo son e cancións máis íntimas pero sen perder as raíces na tradición oral galega. Música ao vivo, danza e unha sofisticada posta en escena prometen un gran espectáculo.

xoves, 24 de xullo
22:30 De Ninghures. Praza do Concello
De Ninghures regresa a Carballo co seu novo disco, Feira, e despois de gañar o premio Martín Códax á música folk. Este novo traballo supón unha evolución sonora sen perder a súa esencia.

venres, 1 de agosto

22:30 Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre. Praza do Concello
O novo traballo de Xabier Díaz, Axúdame a sentir, soará na Praza do Concello de Carballo. O músico volverá estar acompañado das Adufeiras de Salitre e contará coa colaboración de músicos de diversa índole.

venres 8, de agosto
22:30 Alana. Praza do Concello
Alana, un dos grupos revelación en Galicia, presenta o seu primeiro disco, O xeito á cantigha. A formación está composta por tres músicos bergantiñáns: Antía Vázquez, voz e pandeireta; Eloy Vidal, teclado, guitarra e voz, e Pablo Castro, percusión e gaita.

Compartir:
Máis información: carballo.gal

Artistas participantes

Adufeiras de Salitre

Cantareiras e pandeireterias.

Próximas datas

Alana

Bergantiños

Alana é un grupo que nace no 2023 integrado por Eloy Vidal, Antía Vázquez e Pablo Castro. Buscan a harmonía entre a música tradicional e os ritmos contemporáneos de base electrónica e pop. Foron recentemente galardoados co premio Xuventude Crea 2023 na categoría de música.
Próximas datas

De Ninghures

De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada.

Próximas datas

Mondra

Recesende, Teo, A Coruña

Mondra é Martín Mondragón, un cantareiro e bailador galego. Naceu no ano 2000.
Próximas datas

Xabier Díaz

A Coruña

Xabier Díaz, nado na Coruña o 22 de agosto de 1969, é un músico galego, cantante, compositor, investigador e compilador de música tradicional.
Próximas datas

Outras foliadas