venres, 18 de outubro
21:00 Cantos de taberna.
sábado, 19 de outubro
10:00 Ruta por Sanfíns e os Muíños de Cambeda. Con reserva previa.
13:30 Sesión vermú con Lina e Lola. Muíño da Gándara. Con entrada.
17:00 Panillada con Nemanquiñas e "Unha noite no muíño" con Caxoto. Palco do Tarabelo no muíño da Agra.
18:00 Xogos, campionato de debullado e escunchar.
19:00 Unto Vello.
20:00 Foliada e cea tradicional.
22:00 Crua Adufeiras. Con entrada. Palco da Maquía.
23:30 Ailá. Con entrada. Palco da Maquía.
01:00 De Ninghures. Con entrada. Palco da Maquía.
Entradas dispoñibles en woutick.es.
Ailá emerxe das foliadas na Casa das Crechas. Unha proposta inspirada no respecto á tradición e á música patrimonial galega.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada.
Organizada pola Asociación Cherinkas.