IV Xornadas etnográficas da Mariña

sábado, 26 – domingo, 27 de setembro, a esta xa non chegamos!
Ourol, Lugo
Imaxe principal para IV Xornadas etnográficas da Mariña

sábado, día 26 Edificio Multiusos de Ourol
11:30 Benvida e apertura das Xornadas
12:00 Obradoiro "Ollar o pasado cos ollos do presente": Leticia Rei e Miguel Lesta
16:00 Obradoiro "Cantares de vida": Ugia Pedreira
19:00 Foliada - Carpa na Praza do Concello
A Rebolaxe (Cervo)
As Ferriñas (O Vicedo)
Amado Lar (O Valadouro)
Arume (Burela)
Espera que vou mexar (Ourol)
Pandeireteiras da Sementeira (Viveiro)
Pandeireteiros do Inferno (Ribadeo)
Xaora (Xove)
22:30 Concertos:
Balteira
Do Rivés
Ao remate Foliada aberta

domingo, día 27 Carpa na Praza do Concello
13:00 Verbena galega d'antes. Espectáculo participativo de Oxeito con Airiños da Freba.
18:00 Mostra Etnográfica e Clausura. Coas actuacións de:
Amado Lar (O Valadouro)
A Volta do Agro  (Lugo)

Organizado por Tecedeira.

Compartir:
Máis información: @tecedeira_

Asociacións e artistas participantes

A Rebolaxe

San Cibrao, Cervo, Lugo

Grupo de canto, gaita e percusión.
Próximas datas

A Volta do Agro

Lugo

Obradoiro de cultura tradicional co obxectivo de recuperar e difundir a música tradicional galega. Nado en Lugo no ano 1995.
Próximas datas

Airiños da Freba

Lugo

Música tradicional da provincia de Lugo, inspirada nos cuartetos, quintetos e pequenas orquestras. Fundado no ano 2016.
Próximas datas

Amado Lar

O Valadouro, Lugo

Asociación cultural.
Próximas datas

Arume

Burela, Lugo

Asociación cultural musical Arume.
Próximas datas

As Ferriñas

O Vicedo, Lugo

Grupo folclórico. Forman parte da Asociación recreativa e cultural Os do 21.
Próximas datas

Balteira

Betanzos, A Coruña

Grupo de música tradicional de recente creación formado por Noa Migal (voz e pandeireta), Cris Sánchez (voz, bombo e pandeireta), Álex Fente (acordeón) e Pablo Pardo (Pacior, saxo soprano).
Próximas datas

Colectivo Pensamento e Sementeira

Viveiro, Lugo

Asociación cultural.
Próximas datas

Do Rivés

Pandeireteiras. Está integrado por Hadri e Jenni Felpete, Elena Verdes, Alba Freijeiro e Paula Vilela. A finais de 2023 lanzaron o seu primeiro tema en colaboración con Andrés Boutureira: "Baldomero".
Próximas datas

Espera que Vou Mexar

Viveiro, Lugo

Grupo de cantos de taberna.
Próximas datas

Oxeito

Lugo

Escola de baile tradicional.
Próximas datas

Pandeireteiros do Inferno

Ribadeo, Lugo

Parte da asociación Amigos da Gaita Galega.
Próximas datas

Tecedeira

Proxecto de investigación, compilación e divulgación das músicas de tradición oral.
Próximas datas

Xaora

Xove, Lugo

Un proxecto de tres amigas que pretende poñerlle a súa propia voz á música tradicional. Paula, Nerea e Gabriela.
Próximas datas

Xornadas etnográficas da Mariña

Organizadas por Tecedeira: proxecto de investigación, compilación e divulgación das músicas de tradición oral.

Outras foliadas