Nesta edición haberá varios obradoiros: o baile no concello de Tordoia con Carme Iglesias, o cantar e o tocar na comarca de Ordes con Felisa Segade (25 €), obradoiro de fabricación de pandeiro cadrado con Xosé Maceda (70 €) e iniciación ao baile tradicional galego con Rocío Broz da escola Sistrel (de balde). Serán en horario de mañá e de tarde.
Máis información e horarios nas imaxes de abaixo.
Sesión vermú Concerto de Os campantes da Baña.
Despois do xantar Comezo da sesión de tarde dos obradoiros.
Relatorio da man de Tamara Soto sobre a figura e obra de Domingo Calviño Viqueira, gaiteiro e clarinetista da parroquia de Buscás.
19:30 Xuntanza dos grupos participantes nos cantos de taberna na alameda de Ordes.
20:00 Comezo dos cantos de taberna polos bares.
22:30 Comezo da foliada coa actuación de O Castro de Figueiras.
Ao remate Foliada aberta.
Organizado por Embruxo.
Abrir mapa en Google Maps.
Xornada festiva arredor da música e baile tradicional galego.
Organizada por Embruxo Gaiteiros na comarca de Ordes.