Pandeireteiras. Nace no ano 2013. Ao comezo eran só dúas, pero a familia foi medrando ata chegar ás nove pandeireteiras actuais. Nesta década colaboraron con artistas recoñecidos como Xabier Díaz, Mondra, El Nido, Xurxo Fernandes, Camaño&Ameixeiras ou Ailá.
A Requinta de Lampai foundouse no ano 2023. Está formada por seis músicos que recolleron o seu testemuño coa misión de revitalizar e difundir o patrimonio musical de Lampai.