15:30 Recepción de asistentes.
16:00 Benvida e presentación de Somos Pandeireteiras. Con Gisela Sanmartín, presidenta de Somos Pandeireteiras.
16:15 Presentación da xornada "As tocadoras como transmisoras da lingua galega". Con Mercedes Peón, vicepresidenta de Somos Pandeireteiras.
16:30 Conversa entre a xornalista Pilar García Rego e Gisela Sanmartín, Mercedes Peón, Ana Fernández e Mar da Bouzas, da xunta directiva de Somos Pandeireteiras.
17:00 Conversa entre a xornalista Pilar García Rego e as tocadoras de Chaín: Digna Pérez Pérez e Otilia Mouriño Álvarez.
17:30 Mesas de traballo:
1. As pandeireteiras: referente educativo nas escolas a nivel musical, cultural e literario. Modera: Maruxa Mascuñana. Relatora: Paula Carballeira.
2. Transmisión das coplas e das falas atendendo os contextos e as súas diferencias dialectais. De aldea a aldea. De aldea a cidade. Modera: Icía Varela. Relatora: Olga Novo.
3. A influencia das mestras de pandeireta nas persoas castelán falantes e neofalantes. Modera: Lupe Blanco. Relatora: Nuria de Vil.
4. Tradución das coplas ao galego, licenzas poéticas e diglosia. Responsabilidade da lingua na escena contemporánea. Modera: Icía Sanmartín. Relatora: Ánxela Lema.
19:00 Conclusións das mesas de traballo. Con Paula Carballeira, Olga Novo, Nuria de Vil e Ánxela Lema.
19:30 Peche do encontro. Con Ana Fernández, tesoureira de Somos Pandeireteiras, Mar da Bouzas, secretaria de Somos Pandeireteiras.
20:00 Foliada aberta á veciñanza (sen inscrición).
As xornadas están dirixidas a todas as mulleres pandeireteiras galegas e contarán cun límite de 100 prazas (25 persoas por mesa redonda) coa intención de poder desenvolver, nas mellores condicións posibles, un debate de xeito colectivo e colaborativo en cada mesa.
Organizado por Somos Pandeireteiras.